martes. 10.12.2024
El tiempo

O BNG traslada ao Parlamento a petición de indulto a Manuel de Talelo

Porto_e_praia_de_Portocubelo._Lira._Carnota._Foto-Luis Miguel Bugallo
Porto e praia de Portocubelo, Lira Foto-Luis Miguel Bugallo
O BNG traslada ao Parlamento a petición de indulto a Manuel de Talelo

Debullábamos onte a historia de Manuel de Talelo. O seu inminente ingreso en prisión, despois de que o TSXG ratificase a condena da Audiencia Provincial a 3 anos de cadea por agresión a un furtivo, fixo que a sociedade carnotá se mobilice. Partindo do club de fútbol liracho, hai convocada unha concentración este sábado 13 de abril ás 17:00h no porto de Lira, onde se espera amosar o apoio de todos os sectores sociais da zona.

Estarán seguro os membros do BNG, que veñen realizar dous movementos sobre o caso. A corporación municipal do Concello de Carnota vén de aprobar unha iniciativa unánime de apoio e a posta en marcha a solicitude de concesión discrecional de indulto dirixida ao Consello de Ministros.

Ademais, o BNG pedirá ao Parlamento Galego que solicite ao Estado o indulto para Manuel Antonio Martínez Lustres.

Dende o BNG teñen claras cales son as causas desta situación. A “decisión da Xunta de retirar o financiamento do servizo de vixilancia da Reserva Mariña dos Miñarzos, permitiu que o furtivismo comezase a operar na área tras anos controlado, obrigando ao propio sector, aos propios percebeiros e mariñeiros, a ter que saír a defender os seus recursos”.

O grupo critica con gravidade ao “grupo de furtivos implicado no altercado con Manuel”, sinalando que “acumula unha serie de conflitos e causas polo expolio dos recursos pesqueiros e marisqueiros da Costa da Morte e o Barbanza, e tamén por episodios de violencia derivados desta e doutras actividades ilícitas”.

Novas relacionadas

Comentarios