Xoves. 06.08.2020
El tiempo

Os Bombeiros de Cee sufocaron dous incendios urbanos en Brens e Carnota

Así foi o incendio urbano de Carnota
Así foi o incendio urbano de Carnota
Os Bombeiros de Cee sufocaron dous incendios urbanos en Brens e Carnota

Ademais de participar activamente no importante incendio forestal de Berdoias, os Bombeiros de Cee tiveron unha tarde axitada. Eran as 19:00h cando saían a extinguir primeiramente un foco de rastroxos na rúa Fornelo, no peirao de Brens.n

Foi pouca cousa e de contado foron alertados por CAE112 para saír a petición do Axente Forestal do Distrito IV, para controlar o Club Balsa, que estaba rodeado de lapas.

Un pouco máus tarde saltaba a alarma en Carnota, ata onde se tiñan que desprazar con velocidade para sufocar un incendio urbano. Era unha campana extractora dunha cociña dun 3º piso, que obrigou a desaloxalo.

A Policía Local de Carnota tamén acodiu ao operativo.

Novas relacionadas

comentarios