Breve etoloxía do lobo ibérico por Francisco Santiago López na Costa da Morte
09:21 20/06/15
Temos visto moitos vídeos naturais de Francisco Santiago López en QPC. O último, o do porco bravo, pois o noso Félix Rodríguez de la Fuente xa está en Facebook compartindo novos e impresionantes documentos sobre a fauna salvaxe da Costa da Morte.
Aló vai ca súa cámara ao lombo, agochándose nalgún matoxos no alto dunha colina, a esperar para “cazar” as súas presas. A súa arma ten longa mira, pero soe achegarse moito ao seu preferido, o lobo, pero tamén caza gatos bravos, raposiños, coellos, aguas, cervos, cabalos salvaxes, mesmo osos…
Iremos repasando os últimos vídeos que está subindo á rede, comezando por esta serie sobre a caza, unha Breve etoloxía do lobo ibérico, gravada nos montes costeiros.
Estes lobos que podemos ver foron vistos hai un ou dous anos, e segundo nos conta xa foron aniquilados por atropelos, ou en diferentes batidas do xabarín… Mágoa non coidar o noso patrimonio salvaxe.
A caza - Breve etoloxía do lobo ibérico
[fbvideo link="https://www.facebook.com/francisco.santiagolopez.129/videos/929296543795274/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]Máis vídeos naturais
- A ollada de Francisco Santiago López á fauna salvaxe da Costa da Morte: O xabarín.
- Os Vídeos naturais de Francisco Santiago López.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).