Venres. 29.03.2024
El tiempo

Bueno Chico, o blues costeiro que triunfa en Portugal

Bueno Chico, o blues costeiro que triunfa en Portugal
Bueno Chico no Festival de Blues de Braga Bueno Chico tocando no Festival de Blues de Braga Unha das mellores bandas de blues de Galicia é senporsen costeira. Bueno Chico, que durante varios anos formou baixo o nome “Mollo Queens”, segue percorrendo a península tecendo redes coa nosa irmá Portugal. De feito, veñen de actuar o pasado día 12 de outubro no prestixioso festival de Blues "Nova Arcada Braga Blues”, na cidade portuguesa de Braga. https://www.facebook.com/BragaBlues/videos/313598082762280/?t=4 "Bueno Chico" está formada por dous laxenses: Víctor García e Xavier Facal, ademais dun ceense, carnotán de adopción, Castor Montes, profesor de guitarra na Escola Municipal de Música de Carnota dende fai máis de 10 anos. Os da Costa da Morte compartiron cartel con lendas do xénero como Boo Boo Davis e Dove Macleod, ou os Suecos Ida Bang & The Blue Tears, ademais de algúns dos mellores músicos lusos do xénero como Victor Bacalhau (o terceiro mellor guitarrista de Europa), Nuno Andrade ou Budda Guedes, un dos directores do festival e un dos mellores guitarrista de Portugal. Unha fermosa experiencia para a banda galega, nun dos festivais máis importantes que hai en Portugal, xa consolidada e cunha profesionalidade máxima, que se vai abrindo a outras realidades. “É unha pena porque Braga está a apenas unha hora de Vigo e non teñen nin idea do que pasa en Galicia”, lamenta Castor Montes. Castor cóntanos como a través das jams sesións do local Station de Braga, un dos núcleos importantes da música no norte de Portugal, foi deixando a súa música e “a raíz de aí gustámoslle e nos chamaron para tocar”. De feito teñen tamén banda mixta potuguesa e galega, “Iberian Blues Mafia”, facendo unha clara referencia a que “en Portugal son máis críticos, hai menos enchufismo e valórase máis a calidade que a amizade”. A banda costeira ten tocado no festival de blues Castrelo de Miño, en salas como a herculina Garufa, a laxeira Ventana, na Eira en Ponteceso, ou en lugares onde foi a Garda Civil a que acabou pechando o bolo polas queixas dos veciños, como o Submarino de Malpica ou o Palacín de Cee. Esperan poder estar o ano que vén na cita bluseira da Costa da Morte, o Fisterra Blues Experience. “Estaremos encantados de estar aí se nos chaman”, valora Castor.

Buscando unha identidade máis latina

Victor Garcia tocando con Bueno Chico en BragaVictor Garcia tocando con Bueno Chico en Braga O laxeiro Víctor Garcia tocando con Bueno Chico en Braga O trío laxeiro-ceense (o batería soe ir variando segundo a época) xa leva 5 anos tocando. Como indica o seu nome actual (“Bueno chico” é unha expresión que se lle pegou a Víctor García dun amigo cubano, e parece que o nome ten calado, e xa non se lles coñece tanto polo alcume “a banda de Víctor”), andan “buscando unha identidade musical algo máis latina, dándolle máis importancia a esa identidade que ao virtuosismo, como viñamos facendo anteriormente”, recoñece Castor. “Pero a verdade é que é moi difícil escapar de Santana, é difícil facer algo que el xa non fixera”, valora. Un Castor que formou parte do mítico grupo de folk Brat; segue facendo a guitarra para as bandas sonoras das películas de Ignacio Vilar, da man da creadora Zeltia Montes, e que ten tocado en lugares como festival de guitarra de Córdoba, un dos mellores do mundo, ou en varias salas da escena madrileña.

A máxia da música e o rexurdimento do blues

O guitarrista Castor Montes no Festival de Blues de Braga con Bueno Chico O guitarrista Castor Montes no Festival de Blues de Braga con Bueno Chico Pode ser que por mor do ibuprofeno ou do antigripal, se acentúe a reflexión filosófica en Castor, que remata a nosa interesante conversa falando da “alquimia que xera a música”. "Detrás da música ten que haber unha verdade cósmica”, sentenza sen dubidar e iso que “eu non son para nada místico, de feito da igrexa só levei paus”, pero fai mesmo paralelismos coa “frecuencia que emiten os planetas, ou os sonidos que fai o propio núcleo da terra. De todas as artes, a música é a que está aí no mesmo tempo, conmovéndonos e sacándonos as emocións dende sempre”. Algo que tamén fai a música de raíces, e nomeadamente o blues. “Hai un rexurdimento moi grande do mundo do blues, cada vez hai máis festivais. Antes pasou co jazz, pero parece que se fixo demasiado académico, máis frío e a xente xa non quere ir a un concerto e finxir que lle gusta. O blues é máis directo, e curiosamente estase volvendo unha música culta. Antes era de macarras escoitar Pink Floid, e agora parece que es un intelectual, porque a cousa está fatal”.

A ESMU, un oasis no deserto

Preisamente nese sentido, Castor volve poñer os pés na terra para falar da súa querida Escola de Música de Carnota. Levamos moitos anos facendo as cousas ben e por iso xentes de toda a bisbarra veñen ata a ESMU, chegando a ser máis de 170 alumn@s. A clave: “Aquí van facendo combos e xa tocan de verdade. E a proba é que van saíndo grupos xa os que son maiores, como Almanimal, que aacaban de sacar o seu primeiro disco e seguen dando clases aquí e dando concertos por aí”, como no Asaghieiras Master Festival. Castor lamenta, en todo caso, a situación actual do mundo da sobreinformación. “A día de hoxe os rapaces están perdidos, hai moita máis información pero menos cultura, é sorprendente. Antes tiñamos referentes, nas bandas de sempre, pero tamén en certos progamas de radio, nas revistas… Agora non teñen nada, están todo o día escoitando Trap ou reggeaton… os que veñen á ESMU polo menos van curioseando cousas como ACDC, Led Zeppelin… e é certo que seguen escoitando esas cosuas no seu círculo social, pero polo menos aquí aprenden outras cousas”. Castor recoñece que na escola se adaptan ao que queira a rapazada. “A min se vén unha nena e me di que quere aprender a tocar unha canción de Maluma, imos adiante, pero tamén tirareille a cana para que coñeza outras cousas”. Valora a capacidade cultural que ten a comarca, e fai referencia á Sala Nasmo de Muros e ao potencial de bandas heavys da zona, como Evil Bastard.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-asaghieiras-master-festival-celebrou-con-exito-10-anos-de-metal-costeiro/ https://quepasanacosta.gal/a-esmu-de-carnota-comeza-un-novo-curso-por-que-cambiar-cando-algo-funciona/ https://quepasanacosta.gal/a-experiencia-blues-afianzase-na-fin-da-terra/

Comentarios