Convocan unha subida á Moa por Palestina

07:54 09/10/25
Poñer a bandeira palestina na Moa, no cumio do Monte Pindo, pode deparar unha imaxe ben simbólica. De aí que o Colectivo de apoio a Palestina convoque unha Andaina por Palestina que sairá este sábado 11 de outubro, ás 10:00h, dende o Fieiro.
Xa avisan que é unha ruta de montaña de dificultade media, de máis de 2 horas, non apta para que non ten costume de camiñatas longas.
Non é imprescindible pero é aconsellable avisar da participación en coap.costadamorte@gmail.com.