Venres. 29.03.2024
El tiempo

Caldebarcos acolle un fariñeiro encontro pedagóxico-festivo

Encontro Pedagoxico Festivo nos Muinos
Caldebarcos acolle un fariñeiro encontro pedagóxico-festivo
Caldebarcos acolle un fariñeiro encontro pedagóxico-festivo

Esta fin de semana as xentes de Caldebarcos acollen un Encontro pedagóxico-festivo nos Muíños de Vadamil. A cita servirá ademais como Festival de Papas de Millo, poñendo en valor a famosa gastronomía local.

A cita arrincará o sábado 19 de outubro, cunha ruta ós Muíños a pé dende Caldebarcos. Á volta, xantar con bolos do pote, filloas, chulas, follados… aderezado de zume de figos e música.

Pola tarde toca afrontar un pregón da man de Mini, e disfrutar cas pandeiretas das Xaviñanas, a maxia de Charlie Braun, a música de Pedras Miúdas, as regueifas de Alba María e Antonio de Xornes, o acordeón de Martín… e as Papas de Millo, claro.

Comentarios