sábado. 31.05.2025
El tiempo

Caldebarcos rende homenaxe a Gino rescatando a romaría dos Muíños

Domingo Martinez Beiro Gino na Romaria de Caldebarcos en 2012
Gino na Romaría do 2012
Caldebarcos rende homenaxe a Gino rescatando a romaría dos Muíños

Dende o parón da pandemia a xentiña de Caldebarcos non recuperaba a súa máxica Romaría dos Muíños de Vadebois. E que mellor que traela de volta e que sirva de homenaxe ao seu gran creador e impulsor, Domingo Martínez Beiro, máis coñecido como Gino.

A Asociación de Veciños Xurde Caldebarcos e a Comunidade de Montes da vila quere renderlle unha homenaxe tralos seus problemas de saúde. Xa o amigo César Cambeiro lle dedicara un sentido artigo.

A romaría comezará cunha andaina polo monte. Á volta xa nos muíños, xantar muiñeiro, e a partir das 14:45-15:00h, benvida, música coas Rinchonas de Corcubión e Longarela, para dar paso as copla con historia e as historias. Non faltarám as chulas nin as papas de millo, nin a queimada, para rematar a tarde cantando en comunidade.

Cartel Romaria Muinos Caldebarcos 2025 homenaxe a Gino

Máis novas

Comentarios