Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnota abre o prazo parra anotarse nas actividades do curso 2018/2019

Carnota abre o prazo parra anotarse nas actividades do curso 2018/2019
Despois de presentar o programa de actividades para o próximo curso 2018/2019, o concello de Carnota vén de abrir o prazo para anotarse nas distintas actividades que comezan o próximo mes de outubro. Como vén sendo habitual, a Escola Municipal de Música  - ESMU - ofrecerá ata 24 actividades, con clases grupais e individuais de linguaxe musical, iniciación musical, música para adultos, combos, coral, orquestra Orff, harmonía e composición, coro infantil, grupo de música tradicional e unha variedade de instrumentos (guitarra, piano, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, saxofón, clarinete, gaita, pandeireta, percusión moderna e tradicional, frauta, frauta traveseira, acordeón e canto). O requisito para formar parte da ESMU é ter máis de 4 anos e o curso comeza o próximo 1 de outubro cunha reunión para entregar os horarios e aclarar outras cuestións. En canto á área de Deporte, para os máis pequenos continúan as actividades de patinaxe, predeporte, fútbol, taekwondo, Ven Bailar con Nós!, voleibol, baloncesto e atletismo. Así mesmo, inclúense novidades coma bádminton, ballet e xadrez. Este ano, a Escola de Fútbol, ademais de participar na liga da RFGF, tamén participará na liga escolar de fútbol sala –incluída no  rograma Xogade-. As persoas adultas poderanse inscribir, igual que o curso pasado, en step, voleibol, ximnasia de mantemento e ximnasia de mantemento para maiores de 65 anos. Para estes últimos dende o departamento de Servizos Sociais e Igualdade tamén haberán obradoiros de traballos manuais e de memoria que abrirán prazo de inscrición máis adiante. A Axencia de Lectura Municipal tamén trae novidades xa que estrea espazo renovado e a partir de outubro ampliará o seu horario tamén ás tardes, quedando así, de luns a xoves, ás mañás de 8:00 a 14:00 horas e ás tardes de 15:30 a 20:00 horas. Os venres manterase o horario de apertura ao público polas mañás, de 8:00 a 14:00 horas, e polas tardes continúan os Venres Lúdicos (de 16:30 a 18:30 horas), un programa con actividades variadas orientadas a estimular o hábito lector e a achegar os nenos e as nenas participantes ao mundo do libro e da lectura dun xeito divertido e natural. A data de comezo é o 19 de outubro. Ademais, este ano no espazo da biblioteca, a partir das 20:00 horas, ofértanse máis actividades culturais pensadas para a adolescencia e mais para o público adulto: club de lectura, escritura creativa, cinefórum, fotografía e debuxo e ilustración (esta última tamén para os máis pequenos). Tanto nestas actividades coma nos Venres Lúdicos organizaranse grupos e quendas en función das solicitudes recibidas. Información e inscricións Todas aquelas persoas interesadas en calquera das actividades poden obter máis información no 981 857 032, na páxina web municipal ou nas redes sociais do concello. As inscricións poden formalizarse ata o 18 de setembro no rexistro xeral do concello de Carnota. Festa fin de verán E para despedir o período estival, o venres 21 de setembro celebrarase a Festa de fin do verán no campo do Viso para todos os públicos. Ás 18:00 horas comeza a festa coa representación da montaxe "Ghop!" de Teatro ó Cubo, e logo a proxección en pantalla de cine ao aire libre de "Maimiño e o espello máxico". Fonte

Comentarios