Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carnota acolle unha exposición didáctica e solidaria sobre Castelao

Mostra castelao Carnota 2023
Carnota acolle unha exposición didáctica e solidaria sobre Castelao


O  Edificio Sociocultural do Viso, en Carnota, acolle dende o 23 de febreiro ata o 23 de marzo, en horario de luns a venres de 16.00h a 20.00h e os mércores de 10.00h a 14.00h, unha singular exposición sobre Castelao. O acto inaugural terá lugar o xoves 23 de febreiro ás 12.00h.

Esta exposición enmárcase en "Cultura por Alimentos", unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). O acceso será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedeiro, que irá destinado ao banco de alimentos local.

A mostra reúne 19 facsímiles da Coleción de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así mesmo, se poderá disfrutar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Además, se poderá ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

Está organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes , Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, e Afundación Obra Social Abanca.

Comentarios