Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Carnota convoca un concurso de vídeos con móbil arredor do san Xóan

Carnota convoca un concurso de vídeos con móbil arredor do san Xóan
I concurso de videos con mobil arredor do san xoan concello de carnota Xeración tras xeración, a sabedoría popular continúa transmitindo unha gran cantidade de ritos e tradicións que concorren na noite do san Xoán. Precisamente o concello de Carnota, a través da súa área de Cultura e Normalización Lingüística, partiu desta idea para poñer en marcha o I concurso de vídeos con móbil arredor do san Xoán. Así, a través desta iniciativa pretende, por unha parte, poñer en valor, divulgar e manter vivas esas historias que existen sobre a noite máis máxica do ano e, por outra, incentivar a creación de vídeos en lingua galega e promover a súa presenza na rede. O concurso, no que se pode participar de forma individual ou en grupo, desenvolveráse a través da páxina de Facebook do Concurso de vídeos con móbil arredor do San Xoán. Os participantes deberán crear co móbil un vídeo en lingua galega, cunha duración máxima de 3 minutos, no que se traten temas como as herbas do san Xoán (cales son, onde as colles, que se fai con elas...); rituais arredor do san Xoán (ovos, laradas, codesos, conxuros...); historias de “facer mal” como cambiar cancelas, levar os carros, arriar os botes...; e ditos e refráns sobre o San Xoán. Votacións Os vídeos serán valorados mediante unha votación pública en Facebook e o traballo gañador será premiado con un "Kit de san Xoán para a Larada" composto por medio cento de sardiñas, 1 quilo de boroa e bebida. Bases do concurso: Web Concello de Carnota Novas relacionadas Fonte

Comentarios