Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Carnota festexa cunha lectura pública o Día de Rosalía de Castro

Cartel_Dia_Rosalia_2023 Carnotaw
Carnota festexa cunha lectura pública o Día de Rosalía de Castro

O próximo 23 de febreiro cúmprense 186 anos do nacemento de Rosalía de Castro. O Concello de Carnota celebrará a efeméride cun programa de actividades promovido polo Servizo de Normalización Lingüística, que pretende pór en valor e visibilizar a nosa autora máis universal, implicando a comunidade educativa e a veciñanza carnotá.

O xoves 23 de febreiro realizarase unha lectura pública da obra rosaliana, aberta á toda a veciñanza, coa participación da Libraría Chorima, do IES Lamas de Castelo e da Asociación Son Lilá. O acto terá lugar na Praza de Galicia, fronte á libraría, a partir das 11:30 horas. Quen desexe participar na lectura pode achegarse ao lugar cun texto da autora ou elixir algún dos que haberá dispoñibles. Haberá bolsas de tea conmemorativas para todas as persoas que se acheguen a ler.

O martes 28 de febreiro o alumando do CEIP de Carnota e do CEIP do Pindo achegarase á figura de Rosalía de Castro a través do espectáculo “Figueiriñas que prantei”, un contacontos ilustrado con música en directo, do colectivo Polo Correo do Vento. Desenvolveranse dúas funcións, unha en cada centro de ensino, en horario escolar.

GUadalupe

Presentación en Carnota

Ademais, o sábado 25 de febreiro, ás 12:30 h, no salón de actos do Concello de Carnota acollerá. Aautora carnotá Guadalupe Vázquez Formoso estará acompañada polo alcalde, Juan Manuel Saborido Rama, e pola Agrupación Musical Chan das Lamas de Quilmas.

Novas relacionadas

Comentarios