Venres. 26.04.2024
El tiempo

“Carnota foi un víndemo ver toda a fin de semana”

Ximiela na Mostra Vindemo Ver de Carnota
As xentes de Ximiela de Louro déronlle o toque de comezos do século XX á Mostra Víndemo Ver
“Carnota foi un víndemo ver toda a fin de semana”

Unha das tres grandes citas da Semana Santa da Costa da Morte dábase en Carnota. A Mostra de promoción local Víndemo Ver celebraba a súa 9ª edición e “dende o venres foi un auténtico víndemo ver”, recoñecía o alcalde, Juan Manuel Saborido “Moma”, en relación á cantidade de xente que houbo por Carnota. “Houbo moita xente do país, vese que se moviu por toda a provincia que había algo que ver en Carnota, e que a xente que polo covid descubriu estes dous anos a praia, estes días volveu para a Mostra, e iso enche de satisfacción”.

O tempo acompañou e iso tamén se notou en canto a afluencia e ao ambiente, convertindo Carnota nunha vila de comezos do século XX como propuxeron María Lago e Alianza Uhia, as técnicas responsables este ano de darlle un novo toque á Mostra. Queda pendente ir conseguindo que a xente se vaia disfrazando da época, (as xentes de Ximiela deron un toque fantástico) pero o conseguido é moito e con tempo conseguirán trasladarnos nunha viaxe pola historia como fai o Muros Mira ao Mar ou mesmo o Mercado Medieval de Corcubión.

Mostra Vindemo ver
Ambientazo no Mercado.Foto: Rafa Quintáns

O venres arrincaba xa con 260 persoas participando na BTT. Xentes que viñan con toda a familia, e moitos por exemplo deixaban aos cativos participar na xincana de bicis. E dende aí, o venres foi un auténtico fervor de xente durante todo o día. O Mercado da Deputación non parou de recibir xentes para comprar nos postos de proximidade: agro, peixe, cerámica… un pouco de todo pero todo da volta.

Agrupación musical  Chan Das Lamas Quilmas (Carnota)
Agrupación musical Chan Das Lamas Quilmas

O toque musiqueiro dábao a Agrupación musical Chan Das Lamas de Quilmas, un coro con xentes de ata 90 anos que fixo de inmellorable banda sonora para a fin de semana.

Os poucos postos de comida que había na carpa (tocará traer máis o ano que vén) repartiron pizzas ou churrasco ata as 17:00h, igual que os locais de todo o Concello, cheos ata a bandeira os dous días, amosando ademais a súa satisfacción polo éxito da Mostra.

Pola noite, Celso Sanmartín e Quico Cadaval facían que as 100 cadeiras quedasen nunha anécdota, habendo máis xente de pé que sentada. Pablo Balseiro tamén fixo as delicias dos presentes que consumían cervexa sen parada no posto da Asociación Praia do Castelo, que fixeron uns bos cartiños para o festival muradán.

Publico nos concertos de Carnota

O sábado pola mañá tocaba unha das grandes sorpresas. A Andaina polo Camiño das Leiteiras arrincaba con 140 persoas.Non chegou ata Muros, pero si ata o linde municipal volvendo ata a Carnota por unha ruta circular. Polo camiño, nun dos miradoiros, atopáronse cun singular photocall, cun paisano disfrazado e unha leiteira para facerse o sachoselfie.
Pouco despois, no lavadoiro de Vilar de Carnota, as lavanderías de Ximiela fixeron as delicias dos camiñantes coas súas cantareiras.

Camino das leiteiras-Foto-Rafa Quintans
Camiño das leiteiras-Foto-Rafa Quintans
Sachoselfie Camino das leiteiras-Foto-Rafa Quintans
O Sachoselfie na andaina das leiteiras-Foto-Rafa Quintáns
Leiteras de Carnota de Ximiela-Foto Rafa Quintans
As lavandeiras de Ximiela-Foto Rafa Quintáns

Pola noite, a aparición de De Vacas foi impresionante, cunha “chispa” auténtica, e a Banda de Balbina facendo bailar a todo o mundo, demostrando que había moitas gañas de festa.

De Vacas en Carnota

Comentarios