Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Carnota, Laxe e Ponteceso lánzanse ao teatro por outono

Carnota, Laxe e Ponteceso lánzanse ao teatro por outono

Temos loubado en innumerables ocasións a aposta pola programación teatral continua de concellos de Vimianzo, Muros, Carballo… Programas que serven como auténticos dinamizadores culturais da bisbarra e que fomentan o consumo de actividades de lecer máis enriquecedoras.

Esta semana os concellos de Carnota, Laxe e Ponteceso presentaron os seus completos programas dos seus ciclos de teatro de outono.

XII edición do Mostra de Outono de teatro de Laxe

En marcha está a XII edición do Mostra de Outono de teatro organizada en colaboración coa Asociación Folerpas Teatro. Os asistentes terán a ocasión de desfrutar de representacións teatrais de gran calidade. Tódalas obras serán ás 19:00 horas no salón de actos municipal.

As representacións serán as seguintes:
- Domingo 21 de outubro: a Compañía Malasombra e coa obra “Os fabulosos cleaners“.
- Domingo 28 de outubro: Sen cancelas teatro e a obra: “2010”.
- Domingo 4 de novembro: Metatese Teatro de Palas de Rei e a obra “Dora e lola”.
- Domingo 11 de novembro: Grupo de teatro APEM de Carballo e a obra “Cambiouche ben o conto”.

XXV Mostra de Teatro de Ponteceso

25 Ciclo de Teatro Ponteceso 2018

Durante o mes de novembro celébrase a 25ª edición da Mostra de Teatro de Ponteceso. O vindeiro martes 30 de outubro farán a presentación oficial, pero xa sabemos as obras, que darán comezo ás 22.30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas, e as entradas custarán 3,06€ (poden reservalas na Tesourería do Concello.

O sábado 3, a compañía encargada de inaugurar o certame será Talía Teatro, trae unha revisión do clásico “O servidor de dous amos”.

O sábado 10 correrá a cargo de Contraproducións, que presentará “Os fillos do sol”, unha elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que centrou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.

O sábado 17, tamén Contraproduccións traerá “Commedia”, unha peza que cumpre tamén 25 anos sobre os escenarios.

E xa o sábado 24, a compañía coruñesa Os Náufragos porá o broche de ouro ao certame coa súa carta de presentación, “Castrapo”, unha proposta actual e próxima ao espectador que narra a viaxe ás orixes, ás raíces.

Noistes espectaculares en Carnota

Programacion cultural adultos Carnota 2018

O Concello de Carnota saca unha programación cultural para público adolescente/adulto destes meses (de novembro a xaneiro) no Concello de Carnota. As Noites Espectaculares serán as seguintes, sempre ás 20:00 no Salón de Actos do Concello:

- Venres 2 de novembro ás 20:00 h: Monólogo de Quico Cadaval con “Os inocentes”, dentro da programación da Rede Cultural. - Venres 14 de decembro ás 20:00 h: Proxeción da película Sicixia, de Ignacio Villar. - Venres 28 de decembro ás 20:00 h: Teatro Os Quinquilláns con “Language Planning”, dentro da programación da Rede Cultural. - Venres 11 de xaneiro ás 20:00 h: Teatro con Isabel Risco, “Nabiza Girl”, dentro da programación da Rede Cultural.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-teatro-consolidase-como-o-dinamizador-cultural-da-costa-da-morte/

Comentarios