Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carnota mobilízase polo indulto de Manuel de Talelo

Portocubelo-Foto-FarosdeGalicia
Foto de Portocubelo de FarosdeGalicia
Carnota mobilízase polo indulto de Manuel de Talelo

Este sábado 13 de abril, ás 17:00h, a sociedade de Carnota mobilízase por un dos seus homes de mar. Unha historia truculenta acontecida en 2013 pode acabar, de xeito inminente, con Manuel Martínez Lustres en prisión. Por isto, toda a cidadanía únese nesta concentración para trasladar a petición de indulto ao goberno estatal.

A premura da execución da sentenza de 3 anos de cárcere por agresión a un dos furtivos que o viñan ameazando, fixo que o club de fútbol Lira C.F. comezase unha mobilización que incluía unha colleita de 2.000 sinaturas. O BNG tamén se comprometeu a levar o caso ao Parlamento Galego, é hoxe son os seus compañeiros da Confraría os que animan á veciñanza a participar do acto de apoio á familia.

”Manuel Martínez é un home apreciado e querido pola xente do mar e por toda a veciñanza en xeral por ser un home traballador, honrado e pai de familia exemplar, con fillos menores ao seu cargo”, quere resaltar o patrón maior, José Mariano Lago Louro no escrito.

”O seu ingreso en prisión non repara ningún daño, e si supón unha grave situación de desamparo para a súa familia, e a indiganción de todo o pobo, polo que múltiples colectivos, asociacións, confrarías, o propio Concello de Carnota e a veciñanza en xeral convocan a concentración de apoio”, expoñen.

Novas relacionadas

Comentarios