Xoves. 06.08.2020
El tiempo

Carnota pide un pantalán para o peirao do Pindo

O alcalde de Carnota coa presidenta de Portos
O alcalde de Carnota coa presidenta de Portos
Carnota pide un pantalán para o peirao do Pindo

Segue pendente o Concello de Carnota das respostas de Costas ás peticións variadas sobre Lariño, Boca do Río ou O Pindo. Pero mentres, o alcalde Juan Manuel Saborido, “Moma”, segue pedindo, e onte mantivo unha reunión coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, para facer unha nova solicitiude.

Moma trasladoulle a intención Concello en contar cun pantalán no peirao do Pindo, unha solicitude que, tal e como lle expuxo a presidenta do ente público, será estudada para valorar a súa viabilidade dentro do proxecto que Portos de Galicia ten previsto realizar e desenvolver para a mellora de abrigo e do pantalán para embarcacións menores no Pindo.

Novas relacionadas

comentarios