Carnota ponse de Findano
- Haberá buses
Chega fin de ano a Carnota e faino por todo o alto. A praza de San Gregorio de Carnota xa está engañanada para acoller durante estes días 30 e 31, o mercado onde a veciñanza un mercado con produtos locais para facer os regalos de Nadal.
O horario do mercado será de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:30 o venres 30 de decembro e de 11:00 a 14:30 o sábado 31 de decembro.
Durante o venres haberá actuación das Pandeiretas da ESMU ás 13:30h, recepción do carteiro real ás 17:30h e concerto do Coro de Chan de Lamas ás 19:00h.
O sábado 31 será o gran día, abrindo de novo na sesión vermú as Pandereteiras da ESMU, e xa a partir das 1:00h da madrugada, gran festa coa orquesta Gran Parada e ca discoteca móbil CDC.
Ao finalizar a festa os/as asistentes poderán tomar o tradicional chocolate con churros na mesma praza.
Bus
O Concello de Carnota porá a disposición dos/as asistentes un servizo de transporte gratuíto, con saída a 1:30 dende Muros e O Ézaro e ás 2:30 dende Lariño, que realizará paradas nas distintas parroquias ata completar aforo. Tamén haberá servizo de transporte con saída dende Carnota ás 7:00 con dirección Muros e O Ézaro unha vez finalizada a festa.