Carnota prepara un certame de Regueifas para satirizar o entroido


Fantástica a iniciativa do Concello de Carnota con este I Concurso de Regueifas. Un certamen que será días categorías, para escolares de primaria e secundaria, e para personas adultas. Un fantástico xeito de espallar esta centenaria e irónica arte galega.
Como non podería ser doutro xeito, a temática é libre, e valorarase a sátira, a crítica e a valentía. Establécense dúas categorías, O Mellor Regueifeiro e A Mellor Regueifeira, tanto para os centros escolares como para as persoas adultas. Os gañadores recibirán libros do homenaxeado nas vindeiras Letras Galegas, Manuel María.
As regueifas (4 versos rimados octosílabos) deben constar dun mínimo de 4 estrofas escritas en lingua galega. Presentaranse nas oficinas de Cultura e Deportes do Concello de Carnota en horario 8:00 a 14:30 en días laborais, ou ben no colexio onde estudan os participantes, ata o mércores 03 de febreiro de 2016, inclusive. Deberán ir acompañadas dos datos do/a participante: nome e apelidos, idade, curso e colexio.
Máis novas
- A regueifa sigue viva no IES de Baio a través de Juasap.
- E a regueifa convertiuse en arte.
- Asunción Antelo: Coñecendo á voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal.
- Os poetas populares de Cabana xa teñen o seu libro gracias á divulgación de Xosé Manuel Varela.
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños.
- A regueifa revive en Xornes, berce da canteira retranqueira bergantiñá.
- Caldebarcos rima nos Muíños unha oda ao millo.
- Os pequenos vimianceses xa riman a golpe de regueifa.
- Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo espallan a regueifa bergantiñá por Chantada.
- Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).