Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Carnota prepara un Bo Magosto

Magosto en Carnota
Carnota prepara un Bo Magosto

Ademais da serie de andainas de natureza, o Concello de Carnota propón, para este outono, un bo magosto. A cita será o vindeiro venres 27 de outubro, cunha festa no pavillón de Lamas de Castelo a partir das 17:00h.

Comezará a xornada cun obradoiro de cabazas onde os cativos/as poderán decorar a súa propia cabaza. Cada neno/a terá que traer a súa e unha vez decorada poderán levala ou cedela para formar parte da decoración de Samaín do Concello. Tamén haberá de 17:00 a 20:00h xogos tradicionais e como non, castañas asadas!!

Comentarios