Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Carnota prepárase para a 6ª edición do programa de Noites Espectaculares

Cartel Noites de Carnota 2023
Carnota prepárase para a 6ª edición do programa de Noites Espectaculares

Chega o outono e con el, o cambio na programación cultural no Concello de Carnota. A área de cultura ten preparada un programa completísimo at fin de semana, pero quere comezar co ciclo de teatro de Noites Espectaculares. Un programa que cumple 6 anos, e que funciona á perfección, enchendo o salón de Actos do Concello cada venres do outono/inverno ás 21.00h (a entrada é de balde e non fai falla reservar.).

Esta tempada haberá teatro, maxia, contadas, etc para público adulto e adolescente.

O porgrama arrinca este venres 29 de setembro coa actuación Atenea García, de de Xarope Tulú e o seu “Vicio houbo sempre”, un espectáculo de narración oral onde a música está moi presente. A peza vai da literatura de tradición oral ás historias de vida de varias mulleres, historias que foron recollidas cando as protagonistas tiñan entre 84 e 94 anos.

O venres 20 de outubro toca sesión de Maxia con Martín Camiña “Ilusións sen azucre”, un Espectáculo para toda a familia de ilusionismo sen edulcorar, humor e participación da concorrencia.

Xa o 17 de novembro chega a obra “Marcho que teño que marchar” con Bea Campos de Inventi Teatro. Unha divertida sesión de contos para adultos pero tamén é un momento para a reflexión sobre os roles establecidos, a igualdade, e a prespectiva de xénero.

Para o 15 de Nadal, Fantoches Baj trae o espectáculo de monicreques para adultos “Auga que non vas beber”

Comentarios