Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carnota prepárase para outras catro Noites Espectaculares de Outono

Noites Espectaculares Carnota 2022
Carnota prepárase para outras catro Noites Espectaculares de Outono

Por 5º ano presenta o Concello de Carnota o seu programa cultural de outono Noites Espectaculares. Un programa formulado para a poboación xoven e adulta que traerá ao salón de actos do Concello de Carnota, 4 funcións do melloriño do país.

Funcións para todos os gustos, actuacións culturais en pequeno formato para adaptarse ao noso local, que sacará risas a esgalla ao público asistente con toda seguridade.

- Venres 14 de otubro: Producións Dispersas con “Memorias dun ser humano disperso”. É un espectáculo cómico-musical, un cabaré absurdo protagonizado por unha personaxe desubicada, disfuncional e un pouco esquizofrénica, que devece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar moi lonxano no que todo será diferente. Existirá tal paraíso?

- Venres 11 de novembro: Charlatana Coop. Galega presenta unha contada moi apropiada para este mes “Contos de defuntos e outros asuntos”. Será unha velada onde Brais das Hortas nos sumerxirá no misticismo da nosa cultura, historias de medo que non nos deixarán durmir coa risa-

- Venres 16 de decembro: Excéntricas volve achegarnos ao sempre benvido Quico Cadaval, que desta volta trae “Fantasmas familiares”. Polos fantasmas familiares transitan espectros, valentes, milagreiros, peixeiras, mariñeiros, mitos do rock, líderes relixiosos, taberneiras, reis, golpistas, presos, adiviños, sicarios, prostitutas, axentes da orde, industriais, cantores melódicos, gandeiros, mais non é seguro que nos aparezan todos.

- Venres 30 de decembro: Monólogo de Avelino González, que nos achega “Canto conto hai aquí”, historias e contos relacionados coa nosa vila e arredores, que nos farán lembrar o que nos contaban as nosas avoas ou ancestros.

 

As funcións, que se desenvolverán os venres ás 21.00h, son de balde e con entrada libre ata completar aforo.
Máis información no Concello de Carnota, departamento de Cultura; ou no mail [email protected]; ou no tl 647459445.

Comentarios