Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnota prepárase para un verán cargado de actividades

Carnota prepárase para un verán cargado de actividades
Os departamentos de Cultura, Deportes, Turismo, Igualdade e a Axencia de Lectura do concello de Carnota unirán forzas este verán para ofrecer un completo programa de actividades que se poñerán en marcha entre os meses de xuño e agosto. As actividades arrancan xa este sábado, día 9, cun torneo de fútbol 8 que terá lugar en Lombáns. Outra das citas deportivas do verán de Carnota é o campionato galego de volei-praia que se celebra en lariño o sábado 30 de xuño e o 1 de xullo. Entre outras citas deportivas a destacar están unh ruta cicloturística, unha camiñada pola zona sur do Museo Arqueolóxico aberto, a campaña de vela, unha camiñada dende O Fieiro á Moa, a ruta dos Muíños, o IV Trail Monte Pindo, unha camiñada nocturna por Carnota e o seu patrimonio, un torneo de axedrez e a XXVIII Carreira das Areas, entre moitas outras. Na programación de verán de Carnota tamén hai tempo para tradición e a cultura a través de actividades como os xogos populares que se desenvolverán nas distintas parroquias do municipios. E por suposto, as festas e a música tamén son unha parte importante do programa. Así durante o verán volverán festas como a romaría dos Muíños en Valdebois, as festas e a sardiñada de Caldebarcos, o Festórreo, as festas de Mallou e de Quilmas, entre outras. E para facilitar a conciliación das familias nesta época de vacacións, o concello de Carnota poñerá en marcha unha nova edición das "Aldeas de verán" dixirida a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Información e inscricións Os/as interesdos/as en participar nalgunha destas actividades poden obter máis información a través do número de teléfono 981 55 70 32 ou a través da páxina web municipal. Fonte

Comentarios