Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Carnota presenta a programación cultural arredor do Día das Letras Galegas

Letras Galegas en Carnota 2021
Carnota presenta a programación cultural arredor do Día das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2021, dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias, o Concello de Carnota, dende áreas de Cultura e Normalización Lingüística, artellou para o mes de maio un programa de actividades culturais en presencial para todos os públicos.

A programación arranca o sábado 8 de maio cun monólogo para público adulto, da man do actor e humorista ourensán Sergio Pazos, que terá lugar no salón de actos do Concello ás 21:00 h. O venres 14 de maio, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, integrantes do colectivo Polo Correo do Vento, traerannos un contacontos ilustrado con música en directo, centrado na figura de Xela Arias. A actividade está dirixida a público infantil e familiar, a partir dos 3 anos, e desenvolverase no salón de actos do Concello ás 17:00 h.

E a compañía Talía Teatro cerra o cartel o venres 21 de maio con Voa, voa!, un espectáculo dirixido a público infantil e familiar, para divulgar a tradición oral galega, e animar as familias a recuperar os xogos da infancia e a arte de xogar coas palabras. Terá lugar no salón de actos do Concello, ás 17:00 h.

Todas as actividades son de balde, con reserva previa no Departamento de Cultura ou no Servizo de Normalización Lingüística ([email protected] ; 647 459 445 | 981 106 331).
Este programa desenvólvese co financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

Novas relacionadas

Comentarios