Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carnota promove unha nova feira de produtos locais

Carnota promove unha nova feira de produtos locais
Feira de Produtos Locais en Carnota

"Este Nadal regala artesanía e pon na túa mesa produtos locais". Con esta campaña o Concello de Carnota pretende, nestes tempos de consumo masivo, promover as compras na casa. E o fai cunha Feira de Produtos locais, na que os produtores da zona poderán vender a súa artesanía, o seu mel, ovos e animais de curral, ou ducias de produtos da hora.

Pretenden convertir o Pavillón nun lugar de encontro onde poder mercar produtos de calidade procedentes das pequenas explotacións e da artesanía local. E o fan para recuperar a agricultura, as explotacións de produción animal, fomentando "o local" como un medio de vida de calidade, creación de emprego e fixación de poboación, máis no período de crise coma o actual.

A cita será o sábado 22 de decembro de 2012, de 9:00 a 14:00 horas, no Pavillón Polideportivo de Carnota. E están invitados tanto consumidores como produtores da zona.

As referencias son moi positivas, e en abril, a feira MAR foi todo un éxito.

Para máis información e inscrición poden chamar ao 981 857032.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios