Carnota volve Regalalo Todo!
14:29 16/04/26
Volve o mercadillo “Regalamos todo” a Carnota. Estes sábado 18 e domingo 19 de abril, o pavillón do IES Lamas de Castelo de Carnota convertirase nun máxico mercadillo de cousas de balde, onde o troco e a comunidade substitúen a ditadura dos cartos.
De 11:00h a 20:00 o sábado e de 11:00h a 20:00h o domingo, podedes pasar a deixar cousas que non vos sirvan, e/ou coller cousas ás que lle deades unha nova vida.
