Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carnota volverá ser o epicentro das Autocaravanas Galegas coas Xornadas Ambientais

Carnota volverá ser o epicentro das Autocaravanas Galegas coas Xornadas Ambientais
Xornadas Ambientais en Carnota da Asociacion Galega de Autocaravanas

Non cansaremos de resaltar a importancia de que a Costa da Morte potencia as súas infraestruturas no turismo de autocaravanas. Unhas infraestruturas tremendamente baratas, que poden facer da nosa zona un destino ideal para esta clase de turista, nacional e europeo.

O último en sumarse foi o Concello de Mazaricos, pero a gran referencia costeira na que se teñen que fixar o resto de concellos (sobre todo zonas como costeiras como Fisterra, Camariñas, Muxía, Laxe, Cabana, Ponteceso ou Malpica), é Carnota. Carnota si aproveita o tirón das autocaravanas e leva nos facendo.

Este vindeiro 3, 4 e 5 de xuño volverá ser o epicentro galego deste mundo, coas VII Xornadas Medio Ambientais Praia de Carnota, que artella o Concello e a Asociación Galega de Autocaravanas (AGA).

Xa teñen un completo programa e guía ambiental, para degustar, coidar e valorar os tesouros naturais do entorno da marabillosa Boca do Río.

Como non van querer vir os autocaravanistas á Costa da Morte? Só temos que poñerllo un pouco sinxelo>/p>

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios