mércores. 07.05.2025
El tiempo

Carta inocente contra o lixo post-botellón

Carta inocente contra o lixo post-botellón
Carta de tres nenos contra o Botellon no IES Lamas de Castelo de Carnota

Con esta carta, estes tres rapaces de Carnota explican o que lles aconteceu unha mañá de domingo xogando no IES Lamas de Castelo. Así nolo traslada unha das nais, María Rodríguez, que simplemente quere destacar a pureza da acción dos propios rapaces.

Botellon-no-IES-Lamas-de castelo Carnota Rapaces-recollendo-os-restos-do-Botellon-no-IES-Lamas-Carnota

”Non é a miña intencion denunciar nada, só facer unha reflexion: Nenos de 12 a 20 anos deixan tirada basura diante do colexio e nenos de menos edade, sen embargo, recóllena. Non foi algo que os adultos lles mandaron, saíu deles, pois eu dixenlles que non o fiexeran pero insistiron en deixar o colexio limpo. Penso que sería interesante que os que deixaron o lixo tirado saiban que outros nenos máis pequenos foron quen a recolleron”.

Así, quedámonos con esta visión, que serven tamén para denunciar accións coma esta, e non falamos do botellón en si, se non de deixar un sábado pola noite a entrada do Instituto de Carnota, ou calquera outro lugar, chea de cristais, plásticos, latas…

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios