6 persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados en Dumbría, Malpica e Paxareiras
15:08 11/02/16
Imaxe do Accidente en Malpica
Non paramos de recibir malas novas das estradas da bisbarra. Se o pasado luns falecía nun accidente de tráfico Paula Sueiro en Agualada, ao longo deste días xa temos dado conta de varios atropelos en Baio, Cee, e Corcubión, deixando senllos feridos. Ademais, esta mesma mañá falecía un home maior nun atropelo en Rus, Carballo.
E continúa a semana fatídica cun accidente múltiple en Malpica, unha saída de vía en Dumbría e unha colisión en Carnota, que deixan un total de 6 persoas feridas de diversa consideración. Nos tres casos, os bombeiros tiveron que empregar os equipos de excarceración para liberar a 4 dos 6 feridos.
En Dumbría
En Dumbría, tres persoas viaxaban a bordo dun turismo que, por razóns que aínda se descoñecen, saíuse da AC-552, á altura do Cruzamento de Buxán, en dirección a Cee. Como consecuencia do impacto, dúas persoas quedaron atrapadas no interior e necesitaron a axuda dos Bombeiros de Cee para abandonar o vehículo, un Volkswagen Polo. A condutora saíu polo seu propio pé, pero os acompañantes quedaron atrapado. Os Bombeiros tiveron que apuntalar o vehículo para que non se movera, e colaborar cos sanitarios nas labores de inmobilización das vítimas. Procederon a facer sitio para a extracción das persoas pola parte de atrás do vehículo e coa axuda dos sanitarios sacaron ás persoas do interior do vehículo. Unha vez liberados, foron evacuados nunha ambulancia de Urxencias Médicas, xunto cunha terceira persoa que presentaba lesións leves.En Buño
O CAE 112 Galicia recibiu a alerta ao fío das once desta mañá e, apenas tres minutos despois, outros catro vehículos, tres turismos e un camión bañeira, chocaron na estrada de Carballo a Malpica (AC-418), concretamente, no Cruzamento de Buño. Unha muller que viaxaba nun dos turismos implicados quedou atrapada no interior, polo que tiveron que intervir os Bombeiros de Carballo.En Paxareiras
Tamén entre Carnota e Mazaricos tivo lugar arredor das 14:40h deste fatídico xoves unha colisión entre 2 turismos na estrada que une Carnota e Paxareiras, a 2 km da vila mazaricá. Nun dos vehículos, un mozo en estado insconciente quedou atrapado, e no outro unha muller que puido saír polos seus propios medios pero tamén estaba ferida. O 112 mobilizou aos Bombeiros de Cee para que procedan coa excarcelación e o Helicóptero de Urxencias Médicas xa está no lugar para trasladar ao ferido ao Hospital. Tamén estiveron no lugar Tráfico, GES de Muros e Protección Civil de Carnota.Novas relacionadas
- 11-02-16: Falece un home nun novo atropelo en Rus.
- 10-02-16: Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio.
- 10-02-16: Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión.
- 08-02-16: Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar.
- Redacción QPC ([email protected])
- Axega