Chaman a participar en dúas novas limpezas voluntarias en Santa Mariña e Caldebarcos
A familia de Mar de Fábula non para unha soa fin de semana. Despois da limpeza de Estorde, pensa xa na acción de limpeza e concienciación medioambiental deste sábado 6 de xuño.
Desta volta, invita a toda aquela persoa preocupada polo planea que se anime a participar nunha das ultimas accións previstas para esta tempada da asociación. O lugar elexido para esta limpeza é un dos puntos máis auténticos da Costa da Morte: a contorna de Santa Mariña, en Camariñas. Será unha limpeza apta para todas as idades xa que limparán dende a praíña até Punta Caghada.
A quedada será ás 11.00 horas no porto de Santa Mariña: dende a asociación levarán todo o material necesario para acometer esta limpeza, se ben a efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI (antes das 20.00 horas do venres, 5 de xuño), no correo electrónico info@mardefabula.gal , ou no teléfono 660242118.
En Caldebarcos
En paralelo, a Confraría de Pescadores do Pindo coa colaboraciónd e Stolt Sea Farm e o Concello de Carnota, convoca unha limpeza en Caldebarcos no marco do proxecto "Cóidame", que desenvolve o pósito.
A cita será o sábado 6 ás 10:00h no aparcamento das casetas.

