martes. 26.05.2026
El tiempo

As asociacións Salitre e Ínsua de Viastela uníronse a Mar de Fábula para coidar as Praias da Ermida e do Osmo

Limpeza Mar de Fabula na Ermida Corme
As asociacións Salitre e Ínsua de Viastela uníronse a Mar de Fábula para coidar as Praias da Ermida e do Osmo

Intensa xornada a vivida este sábado Corme na limpeza colaborativa realizada polo voluntariado das asociacións Mar de Fábula (Camelle), Salitre (Malpica) e Ínsua de Viastela (Corme). O lugar elexido foi a máxica praia da Ermida, pero tamén tiveron arrestos para actuar na praia de Osmo, a pesar da calor abafante durante toda a mañá

En total, retiraron  54 kg de lixo mariño na Ermida e 57kg no Osmo. 

Limpeza Mar de Fabula na Ermida

Limpeza Mar de Fabula na Ermida 3

Pero marcharon "cunha sensación agridoce. Doce pola gran participación de numerosos veciños e veciñas de Corme. Persoas que queren e respectan  o seu territorio. A sensación agria, foi comprobar o estado da praia da Ermida e da zona alta de Osmo. Lixo que leva moito tempo contaminando, lixo enterrado, lixo pequeno, lixo que forma parte da vexetación, lixo esquecido e aceptado".

Ante esta situación, Mar de Fábula pide ás administracións a realización de limpezas a pé, sen maquinaria que continúe a esnaquizar e espallar o lixo. Así mesmo, solciita máis concienciación nas prácticas portuarias para deixar de engadir cabos e chicotes á lista de contaminantes.

Máis novas

Comentarios