O voluntariado volve limpar mareas de lixo mariño de Estorde, un dos recolledores de lixo mariño da Costa da Morte
Non para a caravana de voluntariado da Asoc. Mar de Fábula. Esta fin de semana volvía a Estorde, areal ceense no que xa estiveran en febreiro, colleitando o seu récord: 4 toneladas.
Pero aínda queda lixo arreo nesta praia, que debido á súa orientación, actúa como un dos recolledores de lixo mariño da Costa da Morte. Aí, no canto de que as administracións fagan o seu traballo, volve ser o voluntariado o que saia ao rescate do planeta.
E mira que o Concello xa pasara as súas máquinas, pero ademais de demasiado agresivas co medio, as máquinas non limpan ben. As limpezas efectivas, non agresivas ca natureza e realmente sostibles, son as que se realizan a pé.
En total retiraron 231,5 kg de lixo contaminante dos que salientan maromas, aparellos, cacharros, infinidade de chicotes, cordas e cabos, biosoportes das depuradoras e cartuchos de caza.




