![]()
Os Bombeiros acodiron ao derrubamento da estrada que dá acceso à Ferroatlàntica. Foto: Rafa Quintáns
Arredor das 15:00 deste sábado 15 de decembro as chuvias provocaban un derrubamento de terras na estrada que une a fábrica ceense de Ferroatlántica coa AC-552 dirección Carnota.
Acodiron ao lugar Bombeiros de Cee, Policía Local, Protección Civil e persoal do Concello.
Aínda que se limpou a calzada, polo risco de que sigan os derrumbes, a estrada quedou cortada ó tráfico. O acceso a fábrica ten que ser vindo de Cee.
Este vindeiro luns van ir técnicos valorar estado do talud e ver que se pode facer.
Foto: Rafa Quintáns