Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Costas repasa os proxectos en marcha no litoral carnotán

Pasarela de madeira coas cordas na praia de Carnota-Foto: @carnotaacoruna
Pasarela de madeira coas cordas na praia de Carnota-Foto: @carnotaacoruna
Costas repasa os proxectos en marcha no litoral carnotán

Son varios os paseo con pasarelas de madeira que Carnota sofre sen ningún mantemento dende hai anos. O paseo do Pindo, a ponte de Boca do Río (que data do Prestige), ou paseo de Lira (do 2011) esmorecen coa humidade, e o alcalde solicitáballe a Costas o ano pasado unha solución. Pouco a pouco van saíndo estas propostas.

Costas en Carnota

O xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil; o alcalde Juan Manuel Saborido; a concelleira Mercedes Noceda; e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, no paseo

A primeira foi unha pequena renovación do paseo de acceso á praia de Carnota, onde o Ministerio de Transición Ecolóxica vén de acometer unhas obras por un total de 38.000 euros. O máis visible é a renovación das deterioradas varandas por unha “delimitación máis transparente e flexible a base de corda”. Tamén se procediu á demolición e levantamento do tramo da varanda de madeira e a súa substitución, aproveitando a labor para modificar a súa cota e dar asi unha mellor protección ao sistema dunar.

Ademais, acometeron outros problemas da zona, como os pasos que está dando Costas para a buscarlle o acompañamento económico ás necesarias obras no perigoso trazado trazado entre o peirado do Pindo e a ponte do Ézaro. Os tres estamentos xa coñecen ademais o completo TFG de Alba Lestón, que podería servir de guía para realizar a intervención.

Novas relacionadas

comentarios