Venres. 19.04.2024
El tiempo

De magosto en magosto polo Pindo, Muxía e Carnés

De magosto en magosto polo Pindo, Muxía e Carnés

O outono xa chegou e as escolas e os centros sociais da bisbarra botan as castañas á cociña de leña. Xa a semana pasada as castañas tomaron a Costa, pero estas semanas continúan sendo protagonistas.

O CEIP do Pindo recibiu o outono

O outono celebrouse por todo o alto no CEIP do Pindo. Os alumnos e alumnas do colexio CEIP San Crimenzo do Pindo celebraron durante toda a semana pasada as Xornadas adicadas o outono, ca exposición de productos típicos destas datas, o son dos estalos das castañas, refráns, cantigas, xogos populares, e postres elaborados cos productos típicos do outono e que puideron degustar tanto cativos como maiores.

Outra das actividades organizada polos mestres e mestras do centro foi a elaboración de distintos murais comemorativos do magosto, recollida de refráns, cantigas, e como non podía ser doutro xeito, o típico magosto, ca degustación de castañas e que os máis cativos colaborarón na súa elaboración.

Magosto en Muxía

Este sábado 20 de novembro o Concello de Muxía organiza unha Xornada familiar a base de Magosto. Haberá inchables e xogos tradicionais para os cativos no Pavillón a partir das 16:30h.
Ademais, o vindeiro martes 7 de decembro, en plena ponte haberá unha nova xornada lúdido-deportiva, tamén no Pavillón a partir das 16:30h.

Magosto en Carnés

A Asociación O Castelo de Vimianzo organiza un magosto en Carnés este domingo 21 de novembro a partir das 17:00h no Centro Cultural. Haberá castañas, xogos populares, obradoiros de maquillaxe e globoflexia e cantarán as pandereteiras de Carnés.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios