De temporal en temporal: Toca #BorrascaGisele

10:47 14/03/18
Sen tempo a recuperarnos de Félix, xa chegou canda nós a #BorrascaGisele. Numerosas chuvias e fortes refachos de vento volven azoutar a bisbarra, ata o punto de que a estación da Gándara (Vimianzo) rexistrou refachos de 138 km/h, o máis forte de Galicia. Lira é o segundo punto máis venteado do país con refachos de ata 129km/h.
Así mesmo, a estación xalleira de Fontecada volveu recibiu a maior cantidade de chuvia durante esta mañá, (69.9 L/m2), por diante da coristanquesa de Río do Sol (64.5 L/m2), e da zaseira de Coto Muiño (52.5).
E iso que Meteogalicia estima que o vento máis forte entre as 10h e as 13 h, quedando ademais a nova Alerta Laranxa (de vento e costeiros) activa ata a tarde/noite do xoves 14.
Así, concellos como Santa Comba xa teñen prohibido calquera actividade deportiva nas instalacións municipais ao aire libre ao longo deste mércores 14.
Para que o comprobedes, así zoaba Gisele por Corcubión esta mañá:
https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10156047140107177/?t=0
Un coche colisionu cunha árbore caída en Muxia-Foto-Protección Civil
Houbo ademais varias incidencias. Por Muxía, a Agrupación de Protección Civil tivo que saír, xunto coa Policía Local e a Garda Civil de Tráfico, arredor das 7:30h. Un coche colisionaba cunha árbore que estaba caída na estrada local das Fraguas entre Moraime e Agreiras. Afortunadamente, vendo o estado do vehículo, non houbo que lamentar danos persoais.
Foto-Protección Civil
Proteccion Civil e Policía Local traballando no punto do accidente para liberar o coche-Foto-Prot. Civil
Tocoulle tamén aos Bombeiros de Cee achegarse ata Señoráns, Vimianzo, arredor das 2:40 da madrugada, para recoller unha árbore caída na estrada que vai a Traba de Laxe.
Incidencias



Máis novas de temporais
- 11-03-18: Santa Comba, Vimianzo e Fisterra entre as “mellores marcas” do temporal Félix:
- Febreiro 18: O temporal de frío deixa fermosas estampas brancas e problemas nas estradas da Costa da Morte.
- Xaneiro 18: Corcubión-Valencia: 25 horas atrapados na neve.
- Xaneiro 18: A primeira alerta vermella de 2018 sáldase sen maiores danos pero con grandes imaxes na Costa da Morte
- Decembro 17: A borrasca Ana deixou refachos de 155 km/h e ducias de árbores caídas.
- 10-12-17: A Xornada: a choiva e o vento deixáronnos sen fútbol dominical.
- 23-11-17: O temporal deixou pouca chuvia e fortes refachos de vento na Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)