Denuncian a presenza dun posible "sentinaso" no litoral do Pindo
Esta pasada mañá de domingo, a veciñanza da zona do Pindo e O Ézaro denunciou a presenza dunha mancha negra e unha marea de chapapote arrechegándose ás rochas. Aseguran que unha gran mancha oleosa, firme, de aproximadamente medio km2, situábase pola zona de Punta Fornelo, mentres que nas rochas entre o Pindo e o Ézaro unha gran masa viscosa, enchía de negro as rochas. Sinalan que lembra ao chapapote do Prestige, tremendande pringoso.
Toda a costa apestaba a gasoil ademais, polo que valoran que pode ter sido un “sentinaso” (unha limpeza ilegal dos tanques dunha embarcación), polo cal xa alertaron ao 112, a pesar de que nin polo Pindo nin no Concello de Dumbría tiveron novas da central de emerxencias.
Dende o 112 avisouse, para que realizaran as investigacións procedentes, a Salvamento Marítimo, Gardacostas, Policía Local de Carnota, Garda Civil, Ges de Muros, Protección Civil e as Autoridades Medioambientais.