Descobren unhas formacións líticas circulares no Monte Pindo
Segue o Olimpo Celta destapando tesouros históricos. Algo máis de 6 meses despois do incendio que arrasou co Olimpo Celta, a Asociación Monte Pindo Parque Natural envía un posible novo achádego, realizado por Laura Caamaño, unha socia da entidade e veciño de Caldebarcos.
A falta da análise dos expertos, o lume deixaba ao descuberto unhas formacións circulares, semellantes a unhas cabanas, que poden aumentar o patrimonio arqueolóxico do Monte. O colectivo está a aproveitar as súas visitas ocasionais para obter valiosa información sobre antigos camiños e muros que xa estaban esquecidos, e non descarta poder lograr descubrimentos importantes.
O Valedor
Pola súa parte o Valedor do Pobo, segundoo a entidade, emprender actuacións contra a Xunta, despois da denuncia presentada pola propia AMPPNm “por negarse a facilitar aos colectivos veciñais información sobre as consecuencias do incendio e o custe do operativo de extinción. De feito xa lle leva requerido en dúas ocasións ao PP para que deixe de ocultar eses datos á opinión pública, pois a Lei obrígalles a informar con luz e taquígrafos sobre calquera cuestión medioambiental da súa competencia, como é o caso”, sinalan.
Novas relacionadas
- O Monte Pindo ten máis hábitats prioritarios a protexer que calquera parque natural galego.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- O primeiro Parque Natural galego non será o Monte Pindo.