Detido un carnotán tras sendos roubos en dous bares de Lira
09:04 16/06/17
Intentaron roubar no Bar Xouba de Lira
A Garda Civil de Muros procedeu á detención de L.M.C.R, veciño da zona de Carnota, como presunto autor dun delito por roubo con forza nas cousas. Os feitos sucederon despois de que tres testemuñas sinalasen ao detido como o responsable dun roubo no Bar Mar de Lira da localidade de Carnota, onde puido subtraer 200€ en moedas e unha tentativa de roubo no Bar Xouba, da mesma localidade.
Trala asistencia letrada, por parte do avogado de oficio, realízase posta en liberdade ao non existir risco de fuga. Dilixencias Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Muros.
Novas relacionadas- Xuño 2017: Detido un condutor sin carné reicidente.
- Maio 2017: Detido un veciño de Fisterra por un suposto delito de tráfico de drogas.
- Maio 2017: Detido tras atracar un comercio en Cee a punta de coitelo.
- Maio 2017: Detido tras unha estafa online e un intento de roubo fallido en Correos.
- Maio 17: 4 detidos por varios roubos en Bergantiños.
- Abril 2017: Un carballés detido por roubar en 5 vehículos de Muros e Santa Comba.
- Abril 2017: Un carballés detido por roubar en 5 vehículos de Muros e Santa Comba.
- Decembro 2016: Detido en Cee por 3 delitos tras intentar fuxir dun control de Tráfico
- Artigo de Rosaura Romo: Máis alá do delito.
- Redacción QPC ([email protected])
- Garda Civil