Luns. 14.10.2024
El tiempo

Do GAC ao GALP pero mantendo a disección da Costa da Morte

Do GAC ao GALP pero mantendo a disección da Costa da Morte
Reunión do antigo GAC 4, agora GALP Costa Sostible, en Muros Reunión do antigo GAC 4, agora GALP Costa Sostible, en Muros

Seguen os Grupos de Acción Costeira separando en dous a Costa da Morte. Desta volta tocoulle a zona sur reunirse para analizar como chegan as axudas europeas nos vindeiros 4 anos. E tiña unha boa oportunidade a UE para unificar os recursos nun territorio común, co cambio de nomenclatura. Xa que a aptándose á nova normativa europea, o Grupo de Acción Costeira pasará a converterse no GALP, Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro. Ademais cambia a súa anterior denominación GAC Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia pola de GALP Costa Sostible, substituíndo a referencia territorial por toda unha declaración de intencións respecto ao modelo de territorio. O GALP inclúe a un total de 39 entidades, entre as que están todos os concellos e confrarías de pescadores e a maioría das asociacións profesionais, sociais e culturais do mesmo territorio, os concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son.

Xuntanza en Muros

Había reunión en Muros da Xunta Directiva do GAC 4- Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia, na que participaron representantes de Confrarías, Concellos e organizacións empresariais e sociais dos 9 concellos.

A orde do día incluía a aprobación da EDLP - Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. É o documento de planificación dos novos fondos europeos, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), de aquí ó ano 2020, que leva preparándose durante 4 meses.

O documento aprobado define criterios que rexerán a concesión de axudas a proxectos públicos e privados:

O Territorio Costeiro Sostible como aposta. A Estratexia parte da idea de crear un modelo de crecemento sostible a nivel económico, social e medioambiental. Recolle a aplica ao territorio diversos principios defendidos pola UE e que os membros do GAC asumen para a nosa zona:

  • A Especialización Intelixente, baseado na potenciación daquelas actividades económicas nas que podemos ser máis competitivos. Ademais, o facemos integrados na política de especialización defendida pola Xunta na estratexia RIS3 Galicia e que inclúe a xeración de valor engadido no sector pesqueiro, o turismo, as novas tecnoloxías e os servizos sociais.
  • O Desenvolvemento Local Participativo, que implica traballar coas institucións e entidades sociais e económicas da zona para definir as políticas, captando ideas e iniciativas e favorecendo unha toma de decisións acorde coas necesidades reais.
  • O Crecemento Azul, tamén impulsado pola Unión Europea que busca un enfoque do crecemento das zonas costeiras que parta dun enfoque integral de aproveitamento das posibilidades do mar: pesca, industrias asociadas, turismo costeiro, etc.

Obxectivos estratéxicos da EDLP

A EDLP marca 4 Obxectivos Estratéxicos.

  • 1. No Sector Pesqueiro, a busca dun modelo mais eficiente e sostible, baseado no valor engadido, na diversificación e no reforzo da transformación e comercialización.
  • 2. No Turismo, o aproveitamento da identidade costeira e mariñeira para crear unha oferta diferenciada e competitiva.
  • 3. A Diversificación Económica e Calidade de Vida co apoio a iniciativas con especial incidencia na economía do coñecemento.
  • 4 A posta en valor do Patrimonio Natural e Cultural presta especial atención á franxa litoral, que soporta grande presión humana.

Presuposto

A EDLP aspira a xestionar axudas por valor de 16.000.000 €, a xestionara ata o 2020. Os principais capítulos irán destinados aos sectores da Pesca e Turismo.

  • Beneficiarios das axudas. Poderán ser beneficiarios das axudas calquera promotor privado ou público.
  • Axudas. As iniciativas de carácter empresarial poderán obter unha axuda de ata o 50% do presuposto, segundo oo regulamento do fondo Europeo da pesca que poderá ampliarse ó 60% si as bases reguldoras da convocatoria o contemplan cun límite de 500.000 €, ampliable ata 1.100.000 € se teñen especial repercusión na xeración de emprego. Para os proxectos públicos de especial relevancia cultural ou social, o apoio pode chegar a o 100%. E, atención, como novidade, darase importancia na valoración dos proxectos aos compromisos adquiridos polo promotor no eido da Responsabilidade Social Corporativa, é dicir, na aplicación de medidas concretas para defender os valores do crecemento sostible e implicado coa sociedade.
  • Procedemento de aprobación e xestión. Trala aprobación da EDLP o pasado mércores pola sembleA do GAC, está será enviada á Consellería do Mar (Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro), que realizará a valoración final E ASINARÁ O ORZAMENTO DEFINITIVO SEGUNDO A VALORACION OBTIDA. Unha vez ratificada, constituirase o novo GALP Costa Sostible para a súa xestión; se todo vai ben a primeira convocatoria de axudas quedará aberta na primeira metade de 2016.

Fonte

Comentarios