Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Emilio Calo volve competir contra a nova fornada de cortadores de xamón

Emilio Calo volve competir contra a nova fornada de cortadores de xamón
Emilio Calo Rama volve a competir Emilio Calo Rama volve a competir a León concurso-nacional-cortadores-jamon-ciudad-leon-agustin-risueno 2016 Sabemos de primeira man que en Carnota tamén se corta, de dez, xamón. E por moito tempo. Así nolo conta o carnotán Emilio Calo Rama, que está a preparar un novo concurso de cortadores de xamón. E iso que, en teoría, leva 5 ou 6 anos retirado da competición, pero como outros compañeiros de profesión, non pode dicir que non á chamada dun bo amigo. Desta volta foi Agustín Risueño, que está preparando o II Concurso de Cortadores de Jamón Ciudad de León “Agustín Risueño” na vila castelá. Risueño chamou a varios da “vella guarda” de cortadores (como o gaditano Pedro Mora, o jienense César Sánchez Molero, ou o murciano José. A Martínez) e algúns da nova e preparada fornada (como o filipino Jeymel Haduca Habad, o albaceteño Oscar Escoriza, o complutense Juan Díaz Sánchez ou o sevillano Antonio Canelo). Emilio alégrase de volver a ver vellos compañeiros, de feito mandou un whatsapp a Mora preguntándolle aquelo de “pero ti non deixaras de competir hai tempo?”. “Igual que tú”, respondíalle Mora ao que tamén soubo liar Risueño, que utilizou o ben que o pasaron o ano pasado cando gañaron o Record Guinnes con 202 cortadores a un tempo. “Hai moi bo rollo ultimamente nos concursos, non é coma antes, que non che falaban ata que acabase”, recoñece o carnotán. Emilio vai a León con todo por gañar. “Non o teño tan claro se vou gañar, pilloume algo descolocado, ademais os xamóns veñen ultimamente pouco feitos. A última vez non puiden nin acabar de cortalo nas 2 horas… Pero bueno, vou con idea de facer algo, igual toca a flauta”. Pero recoñece que “agora hai moito máis nivel que hai 5 ou 6 anos, cando deixei, en teoría, a competición. Agora vés que cousas que facíamos nós, pero esta nova xeración vén moi estudiada, as posturas de corte son impresionante, parece que están telegrafiando, son moi elegantes… A xente se preocupa en mellorar o material ademais…” explica. Persoalmente, Emilio leva unha temporada na casa, en Carnota. Despois da temporada estival, onde soen ter bastantes eventos (e ata tivo que facer varios servizos a un antigo cliente tralo inesperado falecemento dun compañeiro), a Emilio lle toca coidar da casa e das costas. “A espalda vai mellorando, pero cando forzas un pouco, e son un pouco bruto, a cousa ponse mala. En principio non me prantexo poñerme a traballar xa, e só penso n un evento moi grande que teño para decembro”, explica. Iso si, deixa caer que “mesmo estou pensando en coller algo por aquí pola zona”, pero ata aí pode ler. Estaremos atentos á cota do vindeiro 5 de novembro ás 17:45h da tade. A cita ten o seu lado solidario ademais, pois o 50% do que saia das vendas, ao pùblico, dos pratos de xamón, vanse doar á Asociación contra el Cáncer de Médula Infantil.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios