Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Emotivo punto final ao Obradoiro de Emprego de Carnota

Emotivo punto final ao Obradoiro de Emprego de Carnota
Non tomou protagonismo a polémica (polas críticas de contratación a dedo por parte do PSOE ao que o alcalde respondeu defendendo a independencia do xurado que elixiu aos traballadores). A clausura do Obradoiro de Emprego de Carnota, como o desenvolvido hai pouco en Mazaricos, foi moi emotiva e serviu para ver os resultados. O obradoiro de emprego artellado pola Consellería de Traballo e Benesta e desenvolvido o ano pasado en Carnota deu traballo e formou a un total de 34 alumnos nas especialidades de albanelería, carpintería e xardinería. Para destacar a súa importancia, a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, acodiu á cita a pasada mañá de mércores 12 de xaneiro. Mato destacou que a Xunta de Galicia investiu 700.000 euros nesta iniciativa. O labor realizado polos participantes no obradoiro permitiu ademais o acondicionamento do Espazo Internacional Campo das Cabras. Este espazo público foi revalorizado e posto a disposición de todos os veciños e veciñas. Mato salientou, ademais das obras desenvolvidas, “a formación de calidade” que recibiron os alumnos. “Obradoiros como o de Carnota amplían as posibilidades de inserción ou reinserción laboral dos seus participantes”, apuntou. Agora haberá que ver se esta formación ten realmente saída profesional.

Novas relacionadas

Comentarios