Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A ESMU de Carnota afronta unha movida recta final do curso e xa pensa no seguinte

esmu carnota 2022
A ESMU de Carnota afronta unha movida recta final do curso e xa pensa no seguinte

Mentres avisan de que o prazo de inscrición para o vindeiro curso 2022/2023 (entre o 1 e o 15 de xuño), a Escola de Música de Carnota prepara xa un fin de curso cheo de novidades.

A primeira cita será o concerto dos LISDEXIA (grupo punk rock de Muros) para o alumnado, onde alumnos nosos tocarán con eles varios dos seus temas. Será o vindeiro mércores 18 de maio ás 18.00h no Campo do Viso (diante da ESMU)

O luns 6 de xuño ás 18:00h, o alumnado máis peque de guitarra, deleitará ao público asistente coa mostra do aprendido nestes meses.

De seguido, o mércores 8 de xuño, ás 18.00h, tócalle o turno aos máis peques de piano, e 1º e 2º de LInguaxe musical e algún de canto, que representarán moitos temas coñecidos domo Shallow, Hey Jude, La bella y la Bestia, etc para deleite do público.

Pero a gran cita, o Festival de fin de curso, será o venres 17 de xuño, ás 18:00h. O Porto do Pindo, en palco ao aire libre, os Mestres e moito alumnado da Esmu de Carnota mostrará unha pinga do aprendido no presente curso, en actuacións grupais con todos os instrumentos para emular a Bon Jovi, Cold Play, The Beatles, Yiruma, Debussy, Aitana, Bradley Cooper, etc e incluso con actuación de composición propia. Este festival contará con dous presentadores de luxo, e con algunha actuación de invitado/s moi especiais… que irán descubrindo.

matricúlate ESMU Carnota

Comentarios