Luns. 29.04.2024
El tiempo

A ESMU de Carnota arrinca o curso batendo a barreira dos 200 alumn@s

PROFES da EsMU de Carnota
Moncho, Castor, Ali, Ana e Carlos son os mestres da ESMU Carnota
A ESMU de Carnota arrinca o curso batendo a barreira dos 200 alumn@s

Máis de 200 alum@s arrincaron esta semana o novo curso na Escola Municipal de Música de Carnota. E iso que o activo profesorado pensaba que era imposible superar o teito das 200 personas matriculadas nun pobo tan pequeno. "Pero voltamos bater récord e houbo 208 solicitudes de inscricións", sinala fachendosa Alianza Uhia.

O caso é que Na ESMU de Carnota non só se dan clases de instrumentos. Tamén se fan actuacións musicais de grupos profesionais (Pakolas, Magín Blanco, etc), concertos didácticos por parte de músicos invitados e amigos (grupos formados xa, que veñen á que foi a súa escola para falar e tocar co novo alumnado como foi o caso dos The Rapants, de Adhara e Ritman, dos Deleiba, dos Lisdexia, dos The Balayos, de Xur, etc ), fanse masterclass interesantes para a vida dos músicos aficionados (coidado de instrumentos da man de Toxo luthier, grabación e edición de videos musicais, coidado da voz, a historia do piano, etc).

O alumnado tamén fai microconcertos durante o ano na propia escola, realizan saídas a mostrar a arte á gardería, centro de día, instituto, etc e a Coral Polifónica mostra as
súas grandes voces ao longo de toda Galicia e tamén no propio pobo, xa que as comisións de festas contan sempre con ela para a honra dos patróns/oas (cousa que aproveitan para darlles as grazas) e o grupo das pandereteiras que sempre se apuntan a amenizar calquera festa, a un bombardeo, coa mellor música tradicional, coa mellor vontade e co seu sorriso
permanente.

Unha gran e activa familia, que ten un segredo importante: O Mestrado

PROFES da EsMU de Carnota 2023

O elenco de 5 implicad@s mestres e mestras é unha das chaves do éxito da ESMU, pero hai que entender que é imposible atender a todo o alumnado, polo que algunhas solicitudes seguen en lista de espera a que haxa un oco para poder obter horario.
Os/as Mestres levan anos na ESMU, traballando cóbado a cóbado xuntos para que esta escola funcione como unha equipa sen fisuras, son:

  • Castor Montes Quintillán: Mestre de guitarra, guitarra eléctrica, baixo eléctrico e ukelele.
  • Carlos González Giráledez: Mestre de batería, percusión, combos e Linguaxe Musical.
  • Ramón Domínguez Calvo: Mestre de gaita, pandeireta, música tradicional e director da Coral Polifónica da ESMU
  • Ana Blanco Gómez: Mestra de Linguaxe Musical, Música e Movemento, Piano, Canto e as colectivas infantiles de Orquestra Orff e Canto.
  • Alianza Uhía Patiño: Mestra de Linguaxe Musical, Piano e Organización e Dirección do centro.

 

Comentarios