Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Gabriel González, a canteira da ESMU Carnota que triunfa na Gran Vía e na TV

Briel Gonzalez en Camilo Superstar
Briel González en Camilo Superstar
Gabriel González, a canteira da ESMU Carnota que triunfa na Gran Vía e na TV

Poucos fitos poden superar estar triunfando nos musicais dos teatros da Gran Vía. Musicais como Harry Potter, La Historia Interminable, ou Chicago, a obra que actualmente representa cun papel espectacular o carnotán Gabriel González no mítico Teatro Apolo.

Briel Gonzalez en Chicago Musical
Briel Gonzalez en Chicago Musical

”Briel”, como lle coñecen por Caldebarcos, representa á perfección o potencial da Escola de Música de Carnota, a ESMU, que tanto talento ten espallado por toda a península, como ese Xurxo Trillo que xa triunfou este outono no Wizin Center.

Pois “Briel“ acaba de dar un novo paso na súa carreira profesional, participando na nova serie de A3Media Camilo Superstar, que homenaxea a Camilo Sexto. Briel interpreta ao actor amigo de Camilo que fai de Poncio Pilatos no seu musical.

Comentarios