Martes. 08.10.2024
El tiempo

O Gordo e o Flaco volven ao Hórreo Carnota 20 anos despois

Gordo e Flaco no HOrreo de Carnota
O Gordo e o Flaco volven ao Hórreo Carnota 20 anos despois

Na marco da programación Cultural e Turística deste verán argallada polo Concello, chega unha novidade. O vindeiro venres 30 de xullo e o venres 13 de agosto ás 21.00h da noite, haberá unha actuación teatral especial.

Fran Rei e Pedro Brandariz, dous dos nosos grandes actores galegos, adaptan o seu show “O gordo e o calvo 20 anos dispois” a Carnota. Farán unha obra de teatro con diálogos exclusivos sobre Carnota, o seu Hórreo, a rivalidade co Hórreo de Lira, etc, tirando sempre do bo humor e facéndolle pasar aos espectadores un moi bo rato.

Será ademais nun espazo único e emblemático, na contorna do Hórreo de Carnota (sempre que a climatoloxía nolo permita) ás 21.00h da noite.

Polo tema do covid haberá límite do aforo, polo que todas as persoas interesadas en asistir a estes espectáculos, que son de balde, deberán reservar a súa silla no tlf 647459445 ou no correo [email protected].

Comentarios