Guía para disfrutar da Etapa da Fin do Mundo

Se os afeccionados poderán sentirse profesionais ca Ruta Cicloturista da Etapa da fin do Mundo do día 25, o pelotón xa case se oe ruxir dende o sur da bisbarra. A "Etapa da Fin do Mundo", e etapa máis bonita que a Vuelta fixo nunca, xa non ten volta atrás.

O martes 27 de agosto a bisbarra ficará paralizada, pendente do pelotón, abaixo nas rúas para velos voar pola estrada, ou da televisión, para ver como luce a nosa bisbarra para os milleiros de telespectadores que nos verán dende máis de 150 países.

I é que cómpre non esquecer que se traer á Vuelta ten o seu coste, a repercusión mediática alcanzada é enorme, como o puidemos comprobar este ano cunha Fervenza do Ézaro que xa é un dos grandes referentes turísticos da zona tralo remate de etapa no alto do mirador o ano pasado.

Percorrido completo

Xa vedes que a entrada do pelotón na nosa bisbarra farase dende Santa Comba por Mazaricos, pasando pola Pesadoira arredor das 15:30-15:45h da tarde dese martes 27 de agosto. Chegará ao alto das Paxareiras e baixará pola estrada de Rieiro ata O Viso, para coller a AC-550 e subir por Caldebarcos, Quilmas e O Pindo antes chegar ao Ézaro e proceder á subida ao alto do mirador, arredor das 16:30-17:00h.

Trala espectacular subida, na que se esperan ataques, collerán á esquerda do enconro de santa Lucía para volver á comarcal AC-550 dirección Corcubión. Pasarán polo Paseo de Cee entre as 16:50 e as 17:15h, atravesarán Corcubión e Sardiñeiro para entrar en Fisterra entre as 17:20 e as 17:50h, rematando no Cabo da Fin do Mundo, onde a expedición da Vuelta estará esperando.

Chegada a Fisterra

Avisos do Concello de Fisterra

  • O martes 27 de agosto do presente ano, na contorna do Faro de Fisterra situarase a meta da “Etapa del Fin del Mundo” da Volta Ciclista a España 2013. Polo que con motivo da súa organización os Autobuses deberán facer a súa última parada no Colexio Público Mar de Fóra ata as 14:00 horas. A partir das 14:00 horas non poderán acceder á vila ata o remate da actividade sendo un axente o que lles indique onde ubicarse nas proximidades da gasolineira.
  • O martes 27 non haberá mercado municipal
  • O martes 27, o acceso ao Cabo permanecerá cortado dende o día anterior.
    É por todo iso polo que ademais solicitamos a colaboración cidadá evitando a circulación de vehículos durante ese día e estacionando os mesmos nos lugares designados aos efectos.
  • O martes 27 os camións de carga e descarga non poderán acceder á vila a partir das 14: 00 horas do mesmo día.
  • Durante a xornada do 27 de Agosto debido á chegada do pelotón da Volta Ciclista a España queda prohibido o estacionamento ao longo das rúas Cabo Fisterra e Alcalde Fernández.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).