Os afeccionados tamén terán a súa Etapa da Fin do Mundo


Xa non queda nada para a Etapa máis bonita que a Vuelta fixo nunca, a Etapa da Fin do Mundo. Pero non só os profesionais do pelotón da Vuelta poderán disfrutar, e sufrir, as marabillas da nosa terra, senón que A etapa da Fin do Mundo tamén terá a súa sesión para cicloturistas.
Se a dos grandes será o 27 de agosto, a dos afeccionados será o domingo 25, como ben apuntarán na presentación oficial que se desenvolverá este venres 9 de agosto no Concello de Cee.
Mentres, o prazo de inscrición para esta "Ruta Cicloturista Etapa da Fin do Mundo" xa está aberto. Serán 66 km polo mesmo trazado da xa famosa 4ª etapa da Vuelta 2013, con subida ao Mirador do Ézaro e final en Fisterra, pasando polos municipios de Dumbría, Mazaricos, Carnota, Cee, Corcubión e Fisterra.
Xa poden inscribirse dende Emesports ou poñerse en contacto co Club Ciclista Cee a través do correo clubciclistacee@gmail.com.

Novas relacionadas
- Presentada a Etapa máis bonita que a Vuelta fixo nunca.
- O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
- A Etapa da Fin do Mundo da Vuelta 2013 subirá o Ézaro e rematará en Fisterra.
- Zas xa prepara a súa II BTT para o San Xoán cun ollo no Desafío do Atlántico.
- Grandes personalidades buscarán o trofeo Pedra do Brazal do Desafío do Atlántico.
- Pequenos e maiores, a dúas rodas polos montes de Dumbría.
- Dumbría aposta polo ciclismo co Desafío do Atlántico.
- Dumbría prepara un verán deportivo de vertixe.
- Dumbría é Deporte.
- “O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago”.
- O Club Ciclista Dumbría xa é un dos máis numerosos de Galicia.
- Dumbría tamén supera a meteroloxía adversa e afianza a BTT no panorama galego.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).