Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Presentada a Etapa máis bonita que a Vuelta fixo nunca

Presentada a Etapa máis bonita que a Vuelta fixo nunca
Alcaldes e representantes politicos da Costa da Morte presentando a Etapa da Fin do Mundo na Deputacion

Sen tempo para dixerir o exitazo da primeira proba cicloturista Desafío do Atlántico, a Costa da Morte xa pensa na chamada Etapa da Fin do Mundo. Unha das citas máis singulares desta Vuelta a España 2013, que foi presentada hoxe como "A etapa máis bonita que fixemos nunca", en palabras do presidente da Deputación Diego Calvo, acompañado po o director da empresa organizadora da proba deportiva Unipublic, Javier Guillén, así como a vicepresidenta da Diputación, Mariel Padín, e a maior parte dos alcaldes e portavoces dos concellos por onde pasará a etapa coruñesa.

A 4ª Etapa sairá de Lalín e chegará a Fisterra o día 27 de agosto, supoñendo un final de etapa inédito ata este ano, e que conta co simbolismo de rematar un sitio como o faro fisterrán. De aí que a gran transcendencia deportiva, se combine coa turística, tanto a nivel mediático como de xente que se achegue á zona. "Calquera dos alcaldes aquí presentes poden falar do enorme retorno que supón o feito de que millóns de persoas sigan por televisión o paso da Volta e coñezan moitos das nosas paisaxes", explicou o titular da Diputación.

E haberá moitas cousas que chegarán paralelas ao pelotón. Por exemplo, os ciclistas que cheguen a Fisterra na Etapa do Fin do Mundo realizarán un acto simbólico no faro en homenaxe ás xentes do mar, aos peregrinos e a todos os galegos. Ademais, os nenos que tomaron parte nas Aulas Ciclistas organizadas pola Diputación na comarca emularán ao pelotón antes da chegada e subirán ata o faro para "esperar aos maiores na meta".

Tivo boas palabras Guillén para a zona. O responsable da empresa que organiza este evento, "unha das tres máis importantes nesta disciplina a nivel mundial", explicou que a Etapa do Fin do Mundo se empezou a xestar "no mesmo momento en que cruzamos a meta da etapa de O Ézaro o ano pasado" porque, segundo explicou, "cando as cousas saen ben, hai que repetilas".

Percorrido

Recorrido da Etapa da Fin do Mundo de La Vuelta 2013

A etapa, que partirá o día 27 de agosto de Lalín, entrará na provincia por Teo e a continuación pasará por Vedra, Santiago, Ames, Negreira, Mazaricos, Carnota, Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra. Destacaron a importancia de incluír a subida a O Ézaro dentro da etapa porque, nese momento o pelotón romperase, pero aínda quedarán 18 quilómetros ata a meta para que os ciclistas recupérense de face á subida final, polo que "viviremos dúas etapas en unha".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios