Venres. 17.05.2024
El tiempo

Incautan 1.000 quilos de mexilla en Lira

Mexilla incautada en Lira
Mexilla incautada en Lira
Incautan 1.000 quilos de mexilla en Lira

Primeira vez que recollemos en QPC unha incautación de mexilla por parte da Garda Civil e o Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia. Foron 1.002,66 os quilogramos os mexilla incautados no porto de Lira-Carnota. Incautados a mariscadores da zona, que incumpriron a  obriga de pasar por lonxa e pesar antes da primeira venda.

A extracción da mexilla segue traendo de cola ao colectivo de percebeiros. Con apenas 50 km de toda a costa galega protexidos contra a extracción libre por parte dos bateeiros, precisamente nesta zona da Reserva Mariña de Lira só os mariscadores locais poden extraer. Pero estes teñen que pasar por lonxa, ao contrario que os extractores de mexilla para o sector bateeiro, que poden sacar libremente a cantidade que queiran dos lugares que queiran (a excepción desas zonas protexidas).

O colectivo de percebeiros simplemente piden igualdade de condicións, e que os bateeiros tamén teñan que avisar onde van extraer, e que indiquen que cantidade levaron.

A mexilla incautada foi entregada á lonxa para a súa venda, quedando o importe retido a favor da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Comentarios