Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un incendio calcina 3 coches no porto de Quilmas

Coches calcinados en Quilmas
Un incendio calcina 3 coches no porto de Quilmas

Unha batería nun vehículo situado no porto de Quilmas puido ser o comezo dun incendio que calcinou ese e outros 2 coches no lugar carnotán. A rápida intervención do GES de Muros e os Bombeiros de Cee, ademais da Policía Local e Garda Civilo, evitaron que houbese máis vehículos afectados.

Pero a estampa era espectacular, arredor das 17:15 da tarde deste mércores con varios vehículos devorados polas lapas, con momentos de gran tensión pola posibilidade de que o lume saltase ao monte e ás casas, nun dñia de forte vento de nordés.

Pero os medios actuaron con rapidez. A Policía Local xa retirara unha furgoneta, Os membros do GES xa despregaran un tendido de mangueiras ao que Os Bombeiros conectaron a súa bomba á súa chegada (a bomba do GES estaba aínda de camiño). Xuntos fixeron un ataque con auga para extinguir e baixar temperatura e seguidamente con espuma selaron os posibles focos que puideran quedar.

O balance: dous vehículos arderon na súa totalidade, e un terceiro viuse bastante afectado, ardeu a parte do lateral e traseiro dereito. Había un cuarto vehículo que a pesar de estar moi preto dos outros apenas se viu afectado.

Incendio de coches no Porto de QUilmasIncendio coches en Quilmas

Comentarios