Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un verán cheo, de incidencias, en Carnota

Coche Invandido a marisma de Carnota
Un coche Invandido a marisma da praia de Vilar
Un verán cheo, de incidencias, en Carnota

Xa nos avisara o alcalde aló por maio: “Se acompaña o tempo, este verán imos ter datos históricos en Carnota”. Non é que o tempo acompañe demasiado, pero o verán está sendo aínda máis forte que o ano pasado. Os establecimentos están a tope, atopar lugar para comer faise complicado, e as praias están a rebentar.

”Hai moita xente, e claro tamén numerosas incidencias, a diario”, explican dende a Policía Local, que lamentan sucesos como o que acontecía na praia de Vilar, cun 4x4 invandido a zona de marisma.

En calquera caso, o dispositivo de regulación de tráfico está máis controlado que o ano pasado nos areais de Boca do Río e Carnota. A Policía Local está a coordinar o dispositivo cos membros de Protección Civil e os 7 vixilantes contratatados para a faena. “Temos dúas persoas en Carnota e dúas en Boca do Río, unha arriba e outra abaixo e cando se bloquean os aparcamentos de abaixo, cortan arriba e xa non deixan pasar. Este ano xa non tivemos que chegar a cortar a estrada principal”, apuntan.

O interesante deste ano é que se antes a xente concentrábase en Maceiras, Boca do Río e Carnota, agora a xente vaise esparexente polo resto de praias. Cómpre lembrar que Carnota ten máis de 20 marabillosos areais.

As caravanas, cada vez están máis concentradas na zona de Boca do Río, a mellor zona para elas, onde se vai aprobar a regulación para estacionalas. “Vámolas dominando ben”, recoñecen dende a Local.

Ademais, todas as zonas teñen máis zonas de aparcamento. O Concello este ano adiantouse conseguindo que numerosos veciños cedesen as súas fincas a cambio de que o Concello as limpase. Así, en Boca do Río hai 3 novas fincas nas que collen 70 novos vehículos; en Mallou tamén hai 6 fincas nas que collen 80 coches, xunto ao restaurante a Morosa, lugar onde ademais se cortou o último tramo, para que non se atraquen.

Botellón

Hai incidencias de todo tipo, e como non podía ser doutro xeito, as forzas de seguridade tamén tiveron que pelexar contra o botellón. Como xa vimos en Corcubión, este venres e sábado Garda Civil e Policía Local tiveron que desaloxar un botellón con máis de 200 persoas nun piñeiral que un bar da praia de Carnota utiliza como terraza. O bar pecha á súa hora, pero a mocidade utiiliza o lugar como espazo para botellón unha vez pechado. En dous días conseguiron disolver, indo varias patrullas, pasando primeiro ás 1:00h para dar conta de que andan por aí, e despois ás 3:15h para disolver e lembrar á xente que non se poden facer reuniñóns de non convivintes entre as 3:00h e as 6:00h (entre a 1:00h e as 6:00h nos concellos de nivel alto).

Esperan que quede solventada a problemática.

Tamén tiveron que denunciar un bar de Quilmas que estaba aberto ás 3:00h cando tiña que ter pechado ás 1:00h. Cando chegaron tod@s os clientes lanzaron os cubatas e saíron correndo e o propietario, reincidente (é a terceira multa que recibe no último ano por causas semellantes) dixo que “cometera un erro”.

Visitas guiadas

Tamén están tendo un éxito absoluto ás visitas guiadas municipais.

Novas relacionadas

Comentarios